Noticias
24 de xuño de 2010
Os técnicos Padú e Juanito visitarán o IV Campus Internacional Burela FS (14-17 de xullo)

O adestrador brasileiro Paulo Eduardo de Jesús ‘Padú’ e o técnico ex-burelista Juan Miguel García ‘Juanito’ xa confirmaron a súa presenza no Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS, que durante estes días supervisa minuciosamente os últimos detalles para que na cuarta edición se volva repetir o éxito de anos anteriores.

Entre o 14 e o 17 de xullo, o campus laranxa reunirá o mellorciño do panorama profesional futbolístico nas súas sesións maxistrais, nas que tamén colaborarán os cadros do Burela FS e Burela FSF Pescados Rubén.

 

[+ inf. no Campus]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores