Noticias
28 de xuño de 2010
Javi Rodríguez deixa a disciplina laranxa

Javi Rodríguez non continuará no CD Burela FS a vindeira tempada. Despois de diferentes xuntanzas co club, o ala canario deixa a disciplina laranxa e o fútbol sala español por unha proposta ‘irrexeitable en Rusia’.

Aínda en idade xuvenil, Javi Rodríguez chegou a Burela na tempada 2007-08, como unha promesa de calidade, que co paso dos minutos e dos partidos coa camiseta laranxa se converteu nun xogador de extraordinaria proxección. Agora, na súa nova andadura internacional, o Burela FS deséxalle unha traxectoria repleta de éxitos. Javi Rodríguez sempre terá as portas deste club abertas porque Burela é e seguirá sendo a súa casa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores