Noticias
30 de xuño de 2010
O Trofeo de Montefrío (2-4 de xullo), próxima cita para os alevíns e infantís burelaos

Os equipos alevín e infantil da EDM Burela FS partirán esta noite con rumbo a Granada, onde disputarán, por segundo verán consecutivo, o Trofeo Ayuntamiento de Montefrío (2-4 de xullo). Xunto aos mariñáns, a competición reunirá outros 8 equipos españois: Montefrío (Granada), UD Las Rozas Boadilla (Madrid), ElPozo Murcia, Marfil Santa Coloma (Barcelona), Granada, Guetor Tajar (Granada), Loja CD (Granada) e Ciudad de Toledo.

Os primeiros en estrearse serán os alevíns, que, integrados no Grupo A, terán que enfrontarse a ElPozo Murcia o venres ás 21.00 horas; o sábado a cor laranxa medirase a UD Las Rozas Boadilla (11.00 horas) e Loja CD (20.00 horas). No caso de clasificarse entre os dous primeiros de grupo, o Burela FS poderá disputar as semifinais o domingo, a partir das 10.00 horas.

No Grupo B, os infantís debutarán ante o Granada ás 22.00 horas, tamén o venres; Guetor Tajar (13.00) e Marfil Santa Coloma (21.00) serán os rivais do sábado. Os burelaos poderán acceder ás semifinais (domingo, a partir das 11.00) se quedan entre os dous primeiros de grupo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores