Noticias
30 de xuño de 2010
O Burela FS formaliza a renovación do viveirense Christian

O CD Burela FS acaba de formalizar a renovación do viveirense Christian Palmeiro Chao. O ala, de 23 anos, asinou o seu compromiso co club laranxa para as próximas dúas tempadas, esta semana, nas oficinas da entidade, acompañado polo vicepresidente da entidade, Manuel Blanco.

Christian manifestou a súa ledicia por “ter a oportunidade de seguir medrando como xogador ao lado da casa nun club dos máis prestixiosos a nivel nacional” e recoñeceuse como un “privilexiado por continuar loitando coa camiseta laranxa nunha categoría moi competitiva”. Despois dunha tempada difícil, co obstáculo das lesións, o ala viveirense encara 2010-11 moi ilusionado e con “ganas de demostrar a súa valía”: “Quero devolver a confianza brindada por Suso Rey, a directiva, os compañeiros e a afección; todos me prestaron un apoio inestimable na tempada máis dura da miña traxectoria e intentarei agradecérllelo con todo o meu esforzo e traballo”.

Pola súa banda, Manuel Blanco aplaudiu a renovación de Christian “xa que é un xogador con moitas posibilidades que xa contribuíu coa súa pegada á solidez do proxecto laranxa e poderá seguir medrando con nós”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores