Noticias
2 de xullo de 2010 Foto: Carlos Echevarría
Raquel de Souza causa baixa no Burela FS Feminino

A ala-pivote Raquel de Souza causará baixa para o exercicio 2010-11. Tras un achegamento inicial por ambas as dúas partes, o club laranxa e a xogadora brasileira non chegaron a un acordo para a renovación da súa relación contractual.

Souza, de 32 anos, chegou ao conxunto mariñán en 2009-10, procedente do Atlético de Madrid Navalcarnero, para o debut do Burela FSF Pescados Rubén na máxima categoría do fútbol sala español. Coa camiseta laranxa, a ala-pivote destacou polo seu forte carácter e a súa faceta goleadora, con 20 tantos anotados na liga como vicepichichi do equipo, por detrás de Lucía (24). 

O Burela FSF quere manifestar o seu “agradecemento á veterana brasileira pola súa contribución na estrea do equipo en Honra e deséxalle o mellor na súa nova etapa”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores