Noticias
5 de xullo de 2010
Dolo volverá vestir de laranxa en 2010-11

A ala-pivote Dolores Sánchez, Dolo, volverá vestir de laranxa en 2010-11, despois de prolongar o seu contrato co Burela FSF Pescados Rubén por unha tempada máis.

Acompañada polo directivo da entidade burelista José Luis Sáez, a xogadora coruñesa recoñeceu que “os logros acadados esta tempada dan ganas de seguir traballando por cumprir cun proxecto que irradia ilusión”. “Rematamos a liga coa sensación de superar a meta marcada, así que en 2010-11 teremos que pedir un pouco máis, sendo conscientes, loxicamente, das nosas posibilidades” dixo Dolo.

José Luis Sáez destacou a “profesionalidade de Dolo e o seu compromiso coas ensinanzas da escola deportiva, coa que leva colaborando dende a súa chegada ao club”.

Esta será a terceira tempada de Dolo na entidade laranxa, que arribou en Burela en 2008-09, procedente do Ponte Ourense, co que compartiu a categoría de Honra en 2009-10. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores