Noticias
8 de xullo de 2010
Presentación do IV Campus Internacional Burela FS

O salón de plenos do consistorio burelao acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS, cita que reunirá un luxoso elenco entre o seu equipo técnico do 14 ao 17 de xullo.

O acto contou coa presenza do delegado de Deportes da Deputación de Lugo, Antón Veiga; o alcalde de Burela, Alfredo Llano; o coordinador xeral do clínic e director da EDM Burela FS, Alfonso Mera; e o directivo do club laranxa Marcelino Luna; ademais de José Manuel González, xefe de Publicidade do xornal oficial do campus, A Mariña-El Progreso. A concelleira de Deportes, Neves Cando, non puido asistir á presentación por motivos de saúde; o xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico, tamén desculpou a súa presenza por incompatibilidades de axenda.

 

[+ inf. na web do Campus]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores