Noticias
12 de xullo de 2010
'Na Busca da Mascota Laranxa'

O CD Burela FS anda á procura dunha imaxe que reflicta o envexable espírito mariñán e por iso, dende hoxe, queda aberto o concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’, ao que estades todos e todas convidados.

O autor do bosquexo gañador/a, que se empregará en actos promocionais e comunicativos, será agasallado/a con dous carnés individuais de socio/a do CD Burela FS para a tempada 2010-11, que recibirá no primeiro partido de liga da División de Prata, en Vista Alegre.

A presentación do deseño realizarase en formato libre, xunto á proposta dun nome, sobre o que o club terá a última decisión.

O prazo de recepción de propostas rematará o 15 de agosto. Os/As participantes deberán entregar os seus traballos persoalmente nas oficinas do CD Burlea FS ou envialos por correo certificado (Avenida Arcadio Pardiñas, número 96, entresollado).

 

Bases do concurso

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores