Noticias
13 de xullo de 2010
Claudia asina a súa renovación co Burela FSF Pescados Rubén

A ala-peche Claudia formará parte do cadro do Burela FSF Pescados Rubén unha tempada máis, despois de asinar onte a súa renovación xunto ao director deportivo do conxunto feminino, Marcelo Santoro ‘Neco’.

A xogadora focega transmitiu a súa ilusión por asumir un novo reto co equipo mariñán. “Soubemos adaptarnos ao gran cambio que existe entre Prata e Honra e agora, que xa coñecemos a categoría despois dunha excelente tempada de debut, comeza a verdadeira motivación” expresou Claudia, que confía na unión do vestiario e no xogo bonito para reafirmar o éxito laranxa: “Debemos esperar á conformación total do cadro, pero o Burela FSF xa conseguiu facerse un oco na elite e a vindeira tempada volveremos ser un rival correúdo”.

Marcelo Santoro, pola súa banda, destacou a “idoneidade da focega para o proxecto laranxa, que xunto ás renovacións de Jozi, Ro, Dolo ou Lidia volverá apostar polo groso dun cadro con moitas posibilidades para afrontar a liga 2010-11”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores