Noticias
15 de xullo de 2010 A Mariña-El Progreso
Pulpis: 'O principal é que os rapaces aprendan a divertirse a través do deporte'

O seleccionador de Tailandia, José María Pazos, máis coñecido como Pulpis, participou onte activamente na primeira sesión do campus laranxa, tendo moi claros os seus obxectivos. “O compoñente básico é o lúdico. O principal é que os mozos se divirtan e que aprendan a facelo a través do deporte. Se ademais conseguimos que poidan aprender algunhas cousiñas, pois a satisfacción é total”, sinalou Pulpis, que destaca a aposta do Burela FS por un tipo de eventos que cada vez resultan máis complicados de levar a cabo. “Eu sei o que custa organizar un campus e ten moito mérito o que fai o club burelao”, dixo.

 

[+ inf. na web do Campus]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores