Noticias
21 de xullo de 2010
O italo-brasileiro Jean Cividini incorpórase ás filas laranxas

O italo-brasileiro Jean Carlos Cividini será xogador do Burela FS en 2010-11. O mozo pivote, de 22 anos, incorporarase ás filas laranxas co inicio da pretempada, o vindeiro luns, 26 de xullo, procedente do Loreto Aprutino, da Serie B ‘azzurra’.

Para Cividini, esta será a primeira experiencia na liga española. Nado o 6 de abril de 1988, o xogador comezou a destacar deportivamente no Brasil; deu os seus primeiros pasos futbolísticos no Hering Futsal (2003-04) e no Joaçaba Futsal (2004-06), coa convocatoria da Selección Catarinense Infantil e o recoñecemento como máximo goleador do Joaçaba en 2004, entre outros méritos.

Con 19 anos, Cividini cruzou o charco para facerse un sitio na competición italiana a través do club Reggiana (2007-08), da Serie A2 da Divisione Calcio a 5; nesta tempada recibiu o título de Mellor Xogador do Trofeo ‘Città di Forlì’. En 2008-09 debutou na Serie A1 co Ponzio Pescara. O pivote italo-brasileiro vén de disputar o ascenso á Serie A co Loreto en calidade de cedido polo Pescara.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores