Noticias
22 de xullo de 2010
Minu renova co equipo burelista

O ala-pivote Antonio Minuesa Durán, Minu, seguirá no equipo burelista en 2010-11. O xogador cordobés asinou esta semana a continuidade na que será a súa cuarta tempada consecutiva co Burela FS. Na formalización do contrato estivo acompañado polo vicepresidente do club Manuel Blanco.

“Síntome un xogador da casa e agradezo a posibilidade que me brindou o club” dixo Minu, que manifestou a súa ledicia por “cumprirse o desexo de ambas as dúas partes”. O pivote cordobés amosouse moi ilusionado cos cambios na competición de cara a 2010-11: “Será unha tempada difícil, moi rifada, pero tamén bonita. Despois de tantos anos en Prata, para min será un reto poder gozar dunha categoría forte e con espectáculo”. En canto ás aptitudes do Burela FS, Minu é un firme defensor da filosofía implantada no último exercicio: “Debemos ser grandes como equipo. Sinto tristeza polos compañeiros que xa non seguen, pero estou seguro de que volveremos crear un bo grupo, apostando pola integración rápida das incorporacións e baseando a nosa forza na unión do grupo”.

“Coa renovación de Minu queda configurado o groso do cadro laranxa para a liga 2010-11, á espera dalgún posible reforzo e mantendo a combinación de veteranía e xuventude implantada a tempada pasada” declarou Manuel Blanco.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores