Noticias
23 de xullo de 2010
O ala Adriá Esteller recala no Burela FS

O ala catalán Adriá Esteller Cortina, de 25 anos, recala no Burela FS para lucir a elástica laranxa en 2010-11, procedente do Laguna Playas de Salou, que militou a tempada pasada no Grupo Sur de Prata.

Formado na canteira do FC Barcelona, co que ascendeu á División de Honra  en 2005-06 despois de tres play-offs, o ala zurdo conta cunha nutrida experiencia en Prata, ademais de acadar o título de subcampión europeo coa Selección Española Sub-21, no Torneo Internacional de San Petersburgo en 2006. 

Despois das súas dúas primeiras tempadas en Prata, no Albacete FS (2006-07) e GCE Arcebansa Zamora (2007-08), Adriá internouse no fútbol sala italiano a través do CUS Chieti (2008-09), da Serie A2. No último exercicio, o xogador catalán, irmán do ex-burelista Gerard Esteller (Marfil Santa Coloma), deixou o GS Giovinazzo (Serie A2) no mercado de inverno para disputar a segunda parte da liga española no Playas de Salou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores