Noticias
23 de xullo de 2010
Irene volverá defender a meta do Burela FSF Pescados Rubén

A porteira Irene volverá defender a meta do Burela FSF Pescados Rubén a vindeira tempada, despois de selar a súa renovación, esta semana, na compaña do vicepresidente da entidade laranxa Manuel Blanco.

Irene amosouse contenta por “ter a oportunidade de gozar outro ano da División de Honra, despois dunha primeira experiencia extraordinaria”, aínda que este novo reto tamén lle impón moito respecto. “Será unha competición moi difícil pola calidade dos rivais; algúns equipos, como o Ponte Ourense ou  o Navalcarnero, estiveron áxiles nos reforzos e van dar moito que falar” dixo a gardameta.

Manuel Blanco salientou o labor de Irene na ensinanza dos máis pequenos, coa incorporación en 2009-10 dos adestramentos específicos de porteiros na escola deportiva, ademais de congratularse por “pechar a permanencia de Irene, como garante da solidez laranxa baixo os paus, compartindo responsabilidades con Jozi”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores