Noticias
26 de xullo de 2010
'Na Busca da Mascota Laranxa'

O CD Burela FS recibirá as propostas do concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ ata o 15 de agosto.

O autor do bosquexo gañador, que se empregará en actos promocionais e comunicativos da entidades, será agasallado/a con dous carnés individuais de socio/a do CD Burela FS para a tempada 2010-11. O premio será entregado no primeiro partido de liga da División de Prata, en Vista Alegre (4 de setembro).

A presentación do deseño realizarase en formato libre, xunto á proposta dun nome, sobre o que o club terá a última decisión. Os/As participantes deberán entregar os seus traballos persoalmente nas oficinas do CD Burela FS ou envialos por correo certificado (Avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).

 

Bases do concurso

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores