Noticias
26 de xullo de 2010
L2 Fisioterapia prestará os seus servizos ao Burela FSF e á escola deportiva

L2 Fisioterapia de Burela comprometeuse co CD Burela FS para contribuír ao coidado dos membros da entidade laranxa na tempada 2010-11. O directivo da entidade Marcelino Luna e os xerentes do centro, Juan Eiroa Bermúdez e Matilde González García, selaron o acordo polo que as xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén e o alumnado da escola deportiva se beneficiarán dos seus servizos.

Marcelino Luna agradeceu o importante apoio que brindará L2 Fisioterapia no vindeiro exercicio ao club. Pola súa banda, Matilde González e Juan Eiroa amosáronse “orgullosos de poder colaborar no desenvolvemento dunha entidade que está facendo un grande esforzo pola práctica deportiva en igualdade e pola formación de base”.

Dende comezos de xullo, L2 Fisioterapia, sito na rúa burelá Rosalía de Castro, número 37, conta con atención nas especialidades de fisioterapia xeral, osteopatía, acupuntura, drenaxe linfática e readaptación deportiva. A da Mariña convértese na segunda clínica dirixida por Juan Eiroa e Matilde González, que dende 2006 xa ofrecen os seus coidados na cidade herculina. Coinasa Loureiro FS, Hockey Liceo da Coruña ou Racing de Ferrol son algunhas das entidades deportivas que avalan a experiencia destes dous profesionais da fisioterapia, que tamén reúnen titulacións en Maxisterio e Educación Física.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores