Noticias
5 de agosto de 2010
O Puteu Bravo, gañador do torneo de fútbol praia sub-16

O equipo Puteu Bravo, de Burela, foi o gañador do torneo de fútbol praia sub-16 disputado no areal do Portelo esta semana, baixo a organización do CD Burela FS e en colaboración co Concello de Burela.

Os anfitrións impuxéronse na final por 2-1 ao campión de 2009, o Atlético Lucense, da localidade veciña de Foz. Tamén participaron no torneo os burelaos Pery and Company, que se fixo co terceiro posto, e Laranxa Mecánica, que quedou cuarto.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores