Noticias
6 de agosto de 2010
Alfonso Mera responsabilizarase da preparación física do Burela FS Feminino

O director da escola deportiva laranxa, Alfonso Mera, responsabilizarase da preparación física do Burela FSF Pescados Rubén en 2010-11, xunto á xestión das categorías inferiores. O burelao xa comezou a traballar con Javier Pardeiro na planificación da pretempada, que arrancará o vindeiro martes, 10 de agosto.

As tarefas encomendadas, que recaeron a tempada pasada en Suso Rey, non son descoñecidas para Alfonso Mera no club mariñán. Foi precisamente o labor co que este licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, con máster en Preparación Física en Fútbol, se internou na entidade burelista, en 2005-06, traballando co equipo masculino en Prata xunto a Javier Pardeiro. Un ano despois asumiu as mesmas responsabilidades nas categorías inferiores. En 2007, co nacemento da EDM Burela FS, Alfonso Mera foi escollido para dirixir as pequenas promesas do fútbol sala laranxa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores