Noticias
9 de agosto de 2010
A afección laranxa coñece o proxecto de Prata 2010-11

A afección burelista volveu reunirse na bomboneira o venres pasado, na gala de presentación do proxecto laranxa de Prata 2010-11, que comezará a liga o vindeiro 4 de setembro coas incorporacións de Adriá Esteller, Jean Cividini, Víctor Cachón, Adri Gaona e David Richarte ‘Paleta’.

Unha proxección multimedia abriu o acto, dando a coñecer o renovado cadro do Burela FS; na compaña de ‘cheer leaders’, os membros laranxas foron saíndo do vestiario para presentar os seus respectos á ateigada bancada laranxa.

Directiva, xogadores e corpo técnico agradeceron o apoio do público. Unha tempada máis, o presidente da entidade, José Ramón González Casas, reservou as súas palabras para animar o equipo e pedirlle o máximo esforzo na oitava tempada en prata. Juanma, Edu e Purao coincidiron co míster, Suso Rey, en cualificar a axuda da marea laranxa como vital para conseguir os obxectivos marcados e pelexar polo máis alto. Algunhas das caras novas, como Esteller, Adri Gaona ou Víctor Cachón, tamén quixeron transmitirlle á afección a súa emoción por formar parte desta nova etapa burelista. O benxamín do equipo, Manuel Jiménez, clausurou o acto prometendo esforzo e dedicación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores