Noticias
10 de agosto de 2010
Marta causa baixa no Burela FS Feminino

A cervense Marta Cabo Pérez causará baixa no vestiario do Burela FSF Pescados Rubén para a tempada 2010-11. O club laranxa decidiu non prolongar a relación contractual por incompatibilidades da ala-peche entre os seus compromisos laborais e as obrigas no equipo.

Dende o Foz FSF, Marta chegou á vila burelá para formar parte do emerxente proxecto que nacía coa nova categoría de Prata, en 2008-09. Coa camiseta laranxa conseguiu o ascenso e debut na División de Honra, en 2009-10. O CD Burela FS quere agradecerlle á xogadora a súa loable achega ao equipo durante estas dúas tempadas e desexarlle sorte na súa nova etapa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores