Noticias
10 de agosto de 2010 Foto: Carlos Echevarría
As pupilas de Pardeiro inician a preparación da súa segunda tempada en Honra

Comeza a pretempada para o Burela FSF Pescados Rubén. As pupilas de Javier Pardeiro inician esta tarde os adestramentos de preparación para a que será a súa segunda tempada na División de Honra.

O técnico laranxa poderá volver contar con Jozi, Irene, Lucía, Dolo, Ro, Claudia, Lidia e Cuchi, ademais das xuvenís Lara e Carla, que xa tiveron a oportunidade de gozar de minutos na elite a tempada pasada, e Alba, que  vestiu a camiseta laranxa co equipo mariñán en Prata.

A primeira cita da pretempada burelista será na Semana Eypar de Melide, o vindeiro domingo, 15 de agosto; o cadro de Javier Pardeiro medirase no pavillón municipal ao Cidade das Burgas, novo equipo de Honra, a partir das 20.00 horas. A presentación oficial do equipo ante a afección de Vista Alegre será o venres 20 de agosto, ás 21.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores