Noticias
11 de agosto de 2010
'Na Busca da Mascota Laranxa' amplía o prazo ata finais de setembro

O CD Burela FS recibirá os deseños do seu concurso ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ ata finais de setembro. A entidade burelista, que xa recibiu varias propostas, decidiu ampliar o prazo de recepción ata o 30 de setembro para animar e inspirar os posibles candidatos/as co arranque da nova tempada 2010-11 en Vista Alegre.

O bosquexo gañador empregarase en actos promocionais e comunicativos do CD Burela FS. A persoa agraciada recibirá o premio, dous Abonos Simples para a tempada 2010-11, o 12 de outubro, en Vista Alegre, coincidindo co encontro da sétima xornada de Prata que enfrontará o Burela FS e ElPozo Ciudad de Murcia.

O concurso está destinado a todas as idades. No que respecta á presentación do deseño, este realizarase en formato libre, xunto á proposta dun nome, sobre o que o club terá a última decisión. Os/As participantes deberán entregar os seus traballos persoalmente nas oficinas do CD Burela FS ou envialos por correo certificado (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).

 

Bases do concurso

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores