Noticias
12 de agosto de 2010
Vista Alegre acolle o partido de presentación burelista ante o Mera FS este sábado

O Burela FS xogará o seu partido de presentación para a afección de Vista Alegre, este sábado, 14 de agosto, fronte ao Mera FS, de Primeira Nacional A.

Ás 20.00 horas, a bucina da bomboneira dará paso ao primeiro amigable da pretempada laranxa, no que Suso Rey poderá contar cos xa coñecidos Edu, André, Purao, Manuel Jiménez, Christian, Brais e Minu, xunto a caras novas como Víctor Cachón, Paleta, Adri Gaona, Jean e Esteller. A única dúbida no vestiario laranxa para esta cita será o capitán, Juanma, por unha contractura isquiotibial.

Melide acollerá o próximo compromiso do Burela FS, na Semana Eypar. O martes 17, os pupilos de Suso Rey mediranse ao Marfil Santa Coloma, de Honra (20.00 horas), e o xoves 19 o rival será o Concello de Trabada FS, de Primeira Nacional B.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores