Noticias
17 de agosto de 2010
O cadro feminino preséntase en Vista Alegre ante As Burgas

O Burela FSF Pescados Rubén presentarase ante a bancada de Vista Alegre este venres, 20 de agosto, a partir das 21.00 horas, nun amigable fronte ao Cidade das Burgas, novo conxunto da División de Honra.

Este será o segundo encontro das pupilas de Javier Pardeiro fronte coas ourensás en menos dunha semana. O primeiro foi o domingo pasado, na Semana Eypar de Melide, onde as laranxas se impuxeron por 2-1, con tantos de Ro e Cuchi.

Entre as citas de pretempada, o equipo burelista tamén defenderá o título da Copa Galicia, na fase previa da vixésima edición, ante Valdetires Ferrol e Comarcal A Fervenza, da División de Prata.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores