Noticias
18 de agosto de 2010
Os laranxas sucumben ao Marfil (3-2) tras unha segunda parte brillante

O Burela FS non puido contabilizar a súa segunda vitoria da pretempada onte, na Semana Eypar de Melide. Os laranxas sucumbiron ao Marfil Santa Coloma (3-2), da División de Honra, a pesar dunha brillante segunda parte.

O encontro comezou con boas expectativas para os de Suso Rey, que tomaron a vantaxe no marcador das zapatillas de Adriá Esteller (0-1, minuto 12), na súa primeira aparición coa camiseta laranxa. Aínda así, os burelistas tardaron en atopar as súas posicións e isto desencadeou en erros defensivos que souberon aproveitar á perfección os barceloneses. Tras a igualada de Marques, no minuto 14, Polete bateu a meta de Edu (minuto 17) para poñer por diante o Marfil. A escasos segundos do remate da primeira parte, os cataláns ampliaban a vantaxe, co 3-1.

Tras o descanso, saltou á pista outro Burela FS, máis aplicado e efectivo na defensa. Na procura da remontada, os laranxas reduciron a distancia no minuto 36, co 3-2 do benxamín mariñán, Manu, pero non tiveron tempo para máis. 

Jim Sports. Os rapaces de Suso Rey volverán xogar na Semana Eypar mañá, ante o equipo anfitrión, Jim Sports Melide FS, de Autonómica. O encontro arrancará ás 18.00 horas.

 

Ficha técnica 

Marfil Santa Coloma: Igor, Gerard Esteller, Marques, Segura e Xavi; tamén xogaron Polete, David, Miñano, Julio, Saúl, Jordi e Adolfo.

Burela FS: Edu, Minu, Víctor Cachón, Purao e André; tamén xogaron Christian, Adri Gaona, Paleta, Adriá Esteller e Manu.

Goles: 0-1, minuto 12, Adriá Esteller; 1-1, minuto 14, Marques; 2-1, minuto 17, Polete; 3-1, minuto 19, Marques; 3-2, minuto 36, Manu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores