Noticias
19 de agosto de 2010
A liga checa abre as súas portas para o pivote laranxa Turero

O pivote laranxa Rubén García Freije, Turero, estrearase no fútbol sala centroeuropeo. A liga checa abriu as súas portas para recibir o mariñán como nova incorporación do destacado conxunto da primeira división Club FC Balticflora Teplice para 2010-11.

A atractiva proposta da entidade bohemia foi recibida con grande interese tanto polo CD Burela FS coma polo futbolista, que ve nesta nova etapa “unha boa oportunidade para seguir medrando como deportista e como persoa”.

O pivote trabadense, que acaba de cumprir 20 anos, debutou en 2009-10 na División do Prata da LNFS co Burela FS, club co se proclamou campión da Liga Nacional (2006-07 e 2007-08) e da Copa Nacional (2006-07) en idade xuvenil. Defendendo a camisola da Selección Galega Sub-20, tamén se fixo co título do Campionato de España por Comunidades en 2008-09 e 2009-10.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores