Noticias
23 de agosto de 2010
A escasa profundidade no banco apea os burelaos do Celso Currás

O Burela FS non puido superar a semifinal do VI Memorial Celso Currás de Trabada ante o honorable Marfil Santa Coloma (1-4). A escasa profundidade no banco condenou a cita para os laranxas, coas ausencias de Juanma e André por lesión.

Aínda que o encontro estivo moi equilibrado en certas fases, os barceloneses fixeron valer a súa categoría e superioridade numérica. A vantaxe do Marfil subiu ao marcador no minuto 6, das zapatillas de Gerard. Ante os erros na finalización laranxa, Adolfo marcou o 0-2 para o rival, un resultado que Manu reducía co 1-2 a escasos segundos do descanso.

O aspecto físico primou no reinicio do partido. No minuto 28, os cataláns volveron ampliar a distancia co 1-3. As opcións da igualada esvaéronse para os pupilos de Suso Rey no 36, co 1-4.

Campión. Os penaltis outorgáronlle ao Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS o título da sexta edición do memorial trabadense. Tras vencer ao Reale Cartagena en semifinais (5-4), na gran cita ante o Marfil Santa Coloma, os composteláns fixéronse co VI Celso Currás grazas ao seu acerto finalizador, despois de rematar o partido con 1-1.

 

Ficha técnica

 

Burela FS: Edu, Esteller, Purao, Christian e Minu, no quinteto inicial; tamén xogaron Manu, Víctor Cachón, Paleta e Gaona.

Marfil Santa Coloma: Joan, Óscar Redondo, Héctor, Jordi Sánchez e Rubén, no quinteto inicial; tamén xogaron Igor, David, Polete, Rafa Márquez, Albert Segura, Gerard e Adolfo.

Goles: 1-0, minuto 6, Gerard; 2-0, minuto 15, Adolfo; 2-1, minuto 19, Manu; 3-1, minuto 28, Adolfo; 4-1, minuto 36, Rubén.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores