Noticias
26 de agosto de 2010
Reunión da escola feminina

A dirección da Escola Burela FS manterá mañá (venres) unha reunión cos pais/nais e rapazas interesados na formación da entidade laranxa. Na devandita xuntanza valorarase a creación das diferentes categorías en función do número de nenas inscritas.

Todas as rapazas de entre 6 e 18 anos que así o desexen poderán formalizar a súa matrícula a partir do vindeiro luns, 30 de agosto, no prazo que a escola abrirá para a inscrición 2010-11. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores