Noticias
26 de agosto de 2010
O Burela FSF recibirá o Valdetires este sábado, na previa da Copa Galicia

O Burela FSF Pescados Rubén recibirá este sábado, 28 de agosto, o Valdetires Ferrol, da División de Prata, na fase previa da XX Copa Galicia. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 18.30 horas.

Como vixente campioa, a escuadra laranxa encabeza o Grupo A, xunto ás ferrolás e ao Comarcal A Fervenza FSF, tamén de Prata. Os outros dous grupos tamén estarán formados por un conxunto da máxima categoría e dous de Prata: No B competirán Ponte Ourense, Poio FS e CIOS Vigo e no C Cidade das Burgas FS, Leis Pontevedra e Viaxes Amarelle.

Co Valdetires o cadro de Javier Pardeiro disputará o terceiro encontro da pretempada. Os dous anteriores foron ante o Cidade das Burgas, con vitoria laranxa na Semana Eypar de Melide (2-1) e derrota na presentación da bomboneira (1-3).

 

Próxima cita. O segundo e último partido do grupo para as mariñás, ante A Fervenza, será o vindeiro martes, 31 de agosto, ás 21.00 horas, no pavillón municipal de Neda.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores