Noticias
27 de agosto de 2010
Os adestramentos de xuvenís comezarán o 1 de setembro

Co remate do verán volven os adestramentos para a base do CD Burela FS. Os primeiros en poñerse mans á obra serán os xuvenís, que comezarán a preparación 2010-11 o vindeiro mércores, 1 de setembro, baixo as ordes de Iván Cao ‘Lucas’.

O club convida á primeira sesión de adestramento 2010-11, o día  1, no pavillón Vista Alegre (18.00 horas) a todos aqueles rapaces nados entre 1992 e 1994 que estean interesados en formar parte do conxunto xuvenil laranxa.

Sobre o inicio da tempada para os cadetes, ofreceremos información nos próximos días.

Unha das principais apostas do CD Burela FS reside na formación de base. Dende 2007, a entidade xestiona a escola municipal de fútbol sala na vila; unha media de 150 alumnos/as de entre 6 e 14 anos pasan polos adestramentos laranxas cada tempada. Os equipos cadete e xuvenil pertencen ás categorías inferiores do club.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores