Noticias
30 de agosto de 2010 Foto: Xacobeo Lobelle
O Burela FS cede a Copa Barrios Deportivo ao Lobelle tras unha boa imaxe

O Burela FS amosou unha das mellores imaxes da pretempada na I Copa Barrios Deportivo de Ourense, ante o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS, pero a diferenza de categoría favoreceu os composteláns, máis ávidos nas chegadas á portería (6-3).

Aínda que foron os santiagueses os que colleron a dianteira con David, no minuto 8, axiña Esteller igualou o marcador. No entanto, David volveu aparecer para situarse 3-1 antes do descanso.

Na segunda metade, Raúl Campos aumentou a vantaxe do Xacobeo, Adri Gaona subiu o 4-2 e dous tantos de Diego e Minu puxeron o 5-3. Aicardo, a cinco minutos do final, sentenciou un partido no que o Burela non estivo moi fino de cara á portería, con erros de tres dobres penaltis e varios balóns ao poste.


Ficha técnica

 

Xacobeo Lobelle: Marcos Vara, Aicardo, Lucho, Rubi e Raúl Campos; no cinco inicial; tamén xogaron Alemao, Rubi, David, Alex, Frois, Palmas, Diego e Pola.

Burela FS: Edu, Juanma, Purao, Esteller e Adri Gaona, no cinco inicial; tamén xogaron Paleta, Minu, Víctor Cachón, Christian e Manu.

Goles: 1-0, minuto 8, David; 1-1, minuto 8, Esteller; 2-1, minuto 11, David; 3-1, minuto 19, David; 4-1, minuto 20, Raúl Campos; 4-2, minuto 27, Adri Gaona; 5-2, minuto 32, Diego; 5-3, minuto 34, Minu; 6-3, minuto 35, Aicardo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores