Noticias
30 de agosto de 2010 Foto: José Mª. Álvez
As laranxas vencen o Valdetires (4-2) no arranque da XX Copa Galicia

O Burela FSF Pescados Rubén superou o primeiro obstáculo da XX Copa Galicia. As laranxas venceron o Valdetires Ferrol, de Prata, por 4-2 cunha defensa decisiva de Jozi no tramo final.

Na cita entre burelás e ferrolás de Vista Alegre, os goles non se fixeron esperar. Xa no minuto 1 foi Lidia quen adiantou as locais encarrilando o encontro. O continuo ataque laranxa tivo como froito o 2-0 das zapatillas de Ro, que logo reduciu o Valdetires, de dobre penalti. Non obstante, segundos antes do asubío para o descanso, apareceu Lucía para subir o 3-1.

No segundo período, o Burela FSF mantivo a súa liña de xerar perigo. No minuto 23, chegou o cuarto gol mariñán, de Claudia, pero o Valdetires non desistiu e volveu a meterse no partido co 4-2, no 27. Nos últimos minutos, con acumulación de faltas para as laranxas, a intervención de Jozi evitou a remontada das ferrolás no lanzamento de tres dobres penaltis.

A Fervenza. O segundo e último encontro das burelás na fase de grupos será mañá ante o Comarcal A Fervenza FSF, no pavillón municipal de Neda (21.00 horas).

 

Ficha técnica

 

Burela FSF Pescados Rubén: Jozi, Lucía, Claudia, Cuchi e Lidia, quinteto inicial; Dolo, Lara, Ro e Alba.

Valdetires Ferrol: Paula, María, Tere, Xeila e Lucía, quinteto inicial; Sheila, Diana, Leti, Laura e Sarai.

Goles: 1-0, minuto 1, Lidia; 2-0, minuto 16, Ro; 2-1, minuto 19, Leti (d.p.); 3-1, minuto 19, Lucía; 4-1, minuto 23, Claudia; 4-2, minuto 27, Leti.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores