Noticias
31 de agosto de 2010
Cor laranxa na Festa do Marisco de El Progreso

Xogadoras e corpo técnico do Burela FSF Pescados Rubén celebraron o seu primeiro triunfo na fase previa da XX Copa Galicia o sábado, na Festa do Marisco organizada polo Grupo El Progreso.

Despois do seu enfrontamento ante o Valdetires Ferrol (4-2) en Vista Alegre, o cadro laranxa pasouse polo porto burelao para degustar os suculentos froitos do Cantábrico na primeira edición da cita gastronómica.

A Festa do Marisco de El Progreso superou todas as expectativas, coa venda total das súas 2.000 racións e arredor de 4.000 visitantes. O recinto tamén acolleu durante a xornada puntos de venda de artesanía, das redeiras de Burela, e albariño Rías Baixas, do establecemento encargado da elaboración e distribución do marisco, El Palacio de Cristal. O cuarteto burelao Sal da Celga amenizou a cita.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores