Noticias
1 de setembro de 2010
As pupilas de Pardeiro superan a previa da Copa Galicia ante A Fervenza

As pupilas de Javier Pardeiro impuxéronse onte ao Comarcal A Fervenza FSF (1-2) no segundo partido da fase previa da XX Copa Galicia. Despois do 4-2 ante o Valdetires Ferrol, o sábado pasado, esta vitoria garántelle ao Burela FSF Pescados Rubén  unha praza na final, prevista para o 11-12 de setembro.

A diferenza entre Prata e Honra volveuse reflectir neste segundo encontro copeiro das laranxas. O cadro mariñán adiantouse no marcador no minuto 4, cun lanzamento de falta materializado por Lucía. Antes de chegar ao ecuador desta primeira parte, Lidia subiu o 0-2. 

Na segunda parte, a inspiración goleadora non tivo moita presenza. As burelás acusaron a escasa amplitude de vestiario. Os minutos transcorreron con poucas ocasións por ambas as dúas bandas. O 1-2 para A Fervenza chegou no último minuto, nun dobre penalti.

Outros resultados. No Grupo B o Ponte Ourense impúxose ao CIOS Vigo por 0-9 e no C o Viaxes Amarelle gañou ao Leis Pontevedra (2-4).

 

Ficha técnica

Comarcal A Fervenza FSF: Beatriz, Alejandra, Pilar, Judit e Mª. José, no cinco inicial; tamén xogaron Aránzazu, Paula, Irene, Celtia e María Nat.

Burela FSF Pescados Rubén: Jozi, Alba, Ro, Dolo e Lucía, no cinco inicial; tamén xogaron Lidia, Cuchi, Claudia, Lara e Irene.

Goles: 0-1, minuto 4, Lucía; 0-2, minuto 9, Lidia; 1-2, minuto 39, Mª. José (d.p.)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores