Noticias
2 de setembro de 2010
O cadro de Suso Rey despide a pretempada con vitoria ante o Brulak (5-1)

O cadro de Suso Rey despediuse onte dos amigables de pretempada con vitoria, pensando xa na primeira cita oficial que o enfrontará o sábado ao Melilla FS, en Vista Alegre, na primeira xornada de Prata. O Burela FS impúxose con claridade ao Pinturas Brulak, de Primeira Nacional A, por 5-1.

A intensidade ofensiva dos laranxas obtivo os seus mellores resultados na primeira parte, con goles de Purao, André, Manu e Víctor Cachón. Faltando tres minutos para o descanso, o Brulak puido reducir minimamente as distancias grazas a Santi.

Co reinicio, a superioridade burelista mantivo a tónica dominante, aínda que con menos fortuna de cara ao gol. Paleta foi o único que puido perforar a meta rival, a catro minutos para o asubío final.

 

Ficha técnica

Burela FS: Brais, Purao, Juanma, Adri Gaona e Esteller, no cinco inicial; tamén xogaron André, Minu, Víctor Cachón, Christian, Manu e Paleta.

Pinturas Brulak FS: Lousado, Santi, Vega, Cabanas e Da Silva, no cinco inicial; tamén xogaron García, Torrón, Pena, Lobeiras e Cabado.

Goles: 1-0, minuto 5, Purao; 2-0, minuto 6, André; 3-0, minuto 12, Manu; 4-0, minuto 16, Víctor Cachón; 4-1, minuto 17, Santi; 5-1, minuto 36, Paleta.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores