Noticias
5 de setembro de 2010
Debut con vitoria (3-2) do equipo laranxa ante un difícil Melilla

Sacou adiante o equipo de Suso Rey o primeiro partido de Liga non sen certas complicacións, debido en parte ao traballo defensivo do Melilla, que viviu das contras e puxo en dificultades a Edu en moitas ocasións. Dous grandes disparos coa esquerda de Víctor Cachón enderezaron o rumbo da nave laranxa cando peor pintaban as cousas, e un gol en propia porta tras centro de André deu a primeira vitoria da tempada ao Burela FS.

A primeira parte foi igualada, aínda que dominaba en posesión o cadro local. Toni adiantou ao Melilla no minuto 9, aínda que un disparo de Víctor Cachón volvía a situar a igualada no marcador (1-1. Minuto 10). Unha xogada desafortunada nos últimos segundos do primeiro tempo daba a Gordillo a oportunidade de anotar o 1-2.

Tralo descanso, o Burela FS saíu en tromba pola vitoria, e volvería a ser Víctor Cachón (minuto 26) o encargado de igualar o electrónico tras un potente disparo dende fóra da área. Unha contra ben conducida por Minu, que cedeu a André para o centro, rematou en gol en propia porta de Chamo (3-2). Vitoria na estrea do equipo laranxa en Vista Alegre, a Liga xa está de volta.

 

Ficha do partido

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores