Noticias
6 de setembro de 2010
O Burela FS medirase ao Azkar Lugo na presentación da escuadra transportista (mércores 8)

Despois de celebrar o seu noveno aniversario con vitoria ante o Melilla (3-2), o Burela FS encara a segunda semana preparando a visita á pista malagueña do UMA Antequera, coa cita engadida ante o Azkar Lugo, na presentación da escuadra transportista o vindeiro mércores, 8 de setembro.

A gala dos honorables lugueses dará comezo ás 20.15 horas, no Palacio Municipal de Deportes de Lugo. Tras o acto de presentación, transportistas e burelistas bateranse en duelo amigable. O acceso será gratuíto.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores