Noticias
7 de setembro de 2010
O prazo de matrícula para a escola laranxa remata o 10 de setembro

Máis de medio cento de rapaces/as de entre 6 e 14 anos xa se matricularon na escola laranxa 2010-11, que manterá o prazo de inscrición aberto ata o venres 10 de setembro. 

A matrícula para o curso 2010-11 manterá o prezo da tempada pasada, 20 euros, cunha cota engadida de 60 euros por trimestre (outubro, xaneiro e abril). O club proporcionaralle a cada rapaz/a roupa de adestramento e competición, unha sudadeira e un chándal; o alumnado de nova inscrición tamén recibirá unha mochila. Xunto á atención dos servizos médicos do club, este ano os pequenos futbolistas da escola burelista tamén estarán coidados polo centro colaborador L2 Fisioterapia.

Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá entregar dúas fotos tamaño carné e a fotocopia do DNI.  

 

Reunión informativa. A dirección da EDM CD Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o 11 de setembro, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso 2010-11. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios: 10.30 horas os prebenxamíns (nados/as en 2004-03), 11.15 os benxamíns (nados/as en 2002-01), 12.00 os alevíns (nados/as en 2000-99) e 12.45 os infantís (nados/as en 1998-97). 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores