Noticias
10 de setembro de 2010
Reunión da EDM Burela FS (sábado 11)

A dirección da EDM CD Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado mañá, sábado, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso 2010-11. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios:

10.30 horas – Prebenxamín (nados/as en 2004-03)
11.15 horas – Benxamín (nados/as en 2002-01)
12.00 horas – Alevín (nados/as en 2000-99)
12.45 horas – Infantil (nados/as en 1998-97) 

Todas aquelas persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores