Noticias
10 de setembro de 2010
Os carnés 2010-11 estarán dispoñibles a partir do luns 13

Os/as socios/as do CD Burela FS poden retirar os seus carnés 2010-11 nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) a partir do luns, 13 de setembro.

O próximo partido en Vista Alegre do equipo masculino, dirixido por Suso Rey, será o 18 de setembro ante o Fuconsa Jaén FS. Baixo as ordes de Javier Pardeiro, o Burela FSF Pescados Rubén comezará a súa segunda tempada na élite o día 18, como visitante, na pista do FSF Móstoles; o día 25 xogará para a bancada laranxa, en derbi autonómico, ante o Ponte Ourense.

A entidade laranxa recorda que, para recoller as devanditas acreditacións (válidas ata decembro), se deberá presentar o xustificante bancario da primeira cota, no caso de optar pola domiciliación como forma de pagamento. Con este carné, o Burela FS e miapuesta.com obsequian os socios/as laranxas cun bono de 50 euros para participar nos xogos de www.miapuesta.com/clubes.

A tempada 2010-11 incorpora vantaxes en abonos e prezos para adaptarse ás necesidades dos socios/as burelistas. Dentro das tarifas especiais, o club laranxa crea o Abono 25 (50 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos, e suprime o antigo Abono Universitario. Para os máis novos, mantense o Abono 17 (14-17 anos) por tan só 20 euros para toda a tempada. Tamén se conserva, sen modificacións, o Abono de Xubilado (60 euros). No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, o CD Burela FS mantén o Abono Simple (75 euros) e substitúe o antigo Abono Familiar polo Abono Dúo (125 euros), que ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as.

 

Non socios/as

Os prezos das entradas para os non socios serán de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-17 anos) euros para presenciar os encontros de liga do Burela FS e 5 euros (tan só aldultos/as) para o Burela FSF Pescados Rubén.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores