Noticias
10 de setembro de 2010
O Burela FS loitará polos tres puntos en terras malagueñas

O Burela FS loitará mañá por tres novos puntos en terras malagueñas, ante o UMA Antequera FS, na segunda xornada da División de Prata. O encontro comezará ás 18.00 horas, no pavillón Fernando Argüelles.

Xa en Andalucía, esta mañá o cadro laranxa dedicou o seu último adestramento da semana a pulir certos detalles que contribúan ao seu fortalecemento defensivo especialmente. Tras a vitoria de Vista Alegre ante o Melilla FS (3-2), os mariñáns pelexarán por arrancar un novo triunfo no seu primeiro desprazamento da tempada cun vestiario substancialmente renovado, de novo ante un rival descoñecido.

Os pupilos de Suso Rey mediranse a un conxunto forte que no exercicio pasado quedou ás portas do play off, na quinta posición, empatado a puntos co cuarto, o Eivissa. Para os andaluces este será o debut ante a súa afección, tras a fatídica estrea na pista do OPDE Ribera Navarra, onde caeron derrotados por un contundente 7-2.

Minu, que xa non participou no amigable desta semana ante o Azkar Lugo por un golpe no tórax, será dúbida para mañá. A presenza de Paleta na pista malagueña tampouco está asegurada, por problemas de menisco.

Xornada 2. O calendario desta fin de semana depara os enfrontamentos de Gáldar Gran Canaria-FC Barcelona B, Ribera Alta Tobarra-Zamora, ElPozo Ciudad de Murcia-Space Gasifred Eivissa, Extremadura Cáceres 2016-Lanzarote Tías Yaiza, Unión África Ceutí-Puertollano, AP Brihuega-UPV Maristas Valencia, Melilla FS-Albacete 2010 e Fuconsa Jaén-OPDE Ribera Navarra. Descansa o Andorra.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores