Noticias
11 de setembro de 2010 Foto: Carlos Echevarría
As laranxas disputarán a final da Copa tras a vitoria ante o Valdetires (9-4)

A Copa Galicia volverá tinguirse de laranxa no gran día. A vitoria en semifinais ante o Valdetires Ferrol (9-4) outórgalle ao Burela FSF Pescados Rubén unha praza na gran final fronte ao Ponte Ourense, que venceu ao Cidade das Burgas (4-3). O municipal de Celanova acollerá a cita mañá a partir das 11.30 horas.

As pupilas de Javier Pardeiro tardaron en atopar as súas posicións, co lastre da desvantaxe no electrónico dende o primeiro minuto e pouco axudadas por unha arbitraxe un tanto polémica. A pesar da incomodidade laranxa inicial, as mariñás conseguiron o empate 3-3 antes do descanso.

No segundo período, puido verse un partido completamente diferente. A frescura e a intelixencia reinaron no Burela FSF, a pesar do seu vestiario reducido. As laranxas non deron tregua; dende o 4-3 de Dolo (minuto 23) o balón en profundidade foi a mellor arma para as da Mariña.

 

Ficha técnica

Valdetires: Sarai, Lucía, Erika, María e Sheila, no quinteto inicial; tamén xogaron Tere, Diana, Leti, Paula e Carol.

Burela FSF Pescados Rubén: Jozi, Dolo, Lucía, Ro e Lidia, no quinteto inicial; tamén xogaron Lara e Claudia.

Goles: 0-1, minuto 1, Lucía; 1-1, minuto 11, Ro; 1-2, minuto 13, Carol; 2-2, minuto 15, Claudia; 2-3, minuto 18, Erika; 3-3, minuto 18, Lucía (d.p.); 4-3, minuto 23, Dolo; 5-3, minuto 26, Ro; 6-3, minuto 28, Lidia; 7-3, minuto 28, Claudia; 8-3, minuto 35, Lara; 9-3, minuto 38, Ro; 9-4, minuto 38,Erika.

Tarxetas amarelas: Sheila (minuto 22) e María (27), polo Valdetires; Dolo (13), Ro (17) e Lucía (22), polo Burela FSF.

Tarxetas vermellas: Javier Otero (minuto 14), delegado, e Javier Pardeiro (minuto 15), adestrador, polo Burela FSF.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores