Noticias
13 de setembro de 2010
Mera FS, primeiro rival dos burelaos na Copa do Rei

O Burela FS xa coñece o seu primeiro rival da nova Copa do Rei; será o Mera FS, de Primeira Nacional A, que recibirá os pupilos de Suso Rey o 8 de decembro na pista coruñesa.

No caso de saír vitorioso, o cadro laranxa dará o segundo paso como anfitrión, en Vista Alegre, ante o potente Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS o 22 de decembro. Na terceira eliminatoria, o Burela FS enfrontaríase o día 29 ao gañador de Azkar Lugo-Ziérbena CDF/Avilés Hollywood FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores