Noticias
16 de setembro de 2010
O Eo-Ribadeo FS estrea Autonómica na casa, ante o CIOS Vigo

O Panificadora del Eo-Ribadeo FS, único representante lucense de Autonómica feminina, estrea a categoría este sábado, 18 de setembro, no pavillón ribadense ante o potente CIOS Vigo FS, un dos aspirantes a facerse co título e disputar o ascenso á División de Prata. O encontro arrancará as 18.00 horas.

Viguesas e ribadenses alteraron a localización desta primeira xornada, que debería disputarse en terras pontevedresas segundo o calendario, por petición do CIOS, con obras no pavillón.

Para este primeiro enfrontamento, o adestrador ribadense, Martínez, contará con 8 das 10 posibles xogadoras. A recuperación do xeonllo de Toñi prolongarase probablemente ata novembro, mentres que Sabela será dada de alta da súa intervención cirúrxica en outubro. Ao longo deste mes, o técnico poderá botar man das compoñentes do conxunto de Provincial, que non comeza a competición ata outubro.

Na convocatoria deste sábado poderán figurar Vanessa, Carla, Yoli, Sofía, Nuria, Iria, María e Fátima, cos posibles engadidos das xogadoras do filial Antía, Eva, Elvira ou Marta.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores