Noticias
18 de setembro de 2010
Vitoria para manterse no grupo de arriba

O equipo laranxa venceu ao Fuconsa Xaén (2-1) nun partido espeso, no que os locais controlaron por momentos o duelo e dispuxeron das mellores oportunidades. Os de Suso Rei víronse na obriga de abrir xogo, como vén sendo norma en Vista Alegre, e os visitantes sacaron proveito e a punto estiveron de anotar varias ocasións francas ante Edu. No entanto, adiantou Minu ao Burela FS tras unha rápida contra (1-0. Minuto 9).

Tras o descanso, non volvería moverse o marcador ata os minutos finais: Juanma anotou no minuto 34 e o Fuconsa fixo o propio no 38 (2-1). Os andaluces intentárono ao final con porteiro xogador, pero o electrónico xa non se movería. A vitoria serve para que o Burela FS mantéñase en posicións altas da táboa.

 

Ver crónica

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores