Noticias
25 de setembro de 2010
Empate agridoce do Burela na súa visita a Andorra

O Burela empatou en Andorra (2-2) nun choque que deixa con sabor agridoce aos mariñáns tras un encontro de claro dominio visitante. O conxunto dirixido por Suso Rey pagou caro a súa escasa eficacia e os seus descoidos en momentos puntuais; no minuto 1 Carlinhos marcou o 1-0 e a escasos segundos para o descanso Aramburu volveu adiantar o cadro local. André establecera a igualada, no minuto 17.

A segunda parte seguiu o guión inicial cun Burela que controlaba o partido pero a figura de Marimón emerxeu con maior intensidade para desbaratar as numerosas ocasións laranxas. O empate resistíase para o Burela ata que Juanma, nunha brillante acción individual, fusilou a Marimón para establecer o 2-2, minuto 34.

Os andorranos defendían o punto con afán e os mariñáns buscaron a vitoria pero as ocasións de Minu, Esteller, Juanma e Purao resultaron infrutuosas e o encontro chegou ao seu fin con repartición de puntos. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores