Noticias
27 de setembro de 2010
'Na Busca da Mascota Laranxa' aceptará propostas ata o xoves 30

Xa quedan poucos días para coñecer a nova imaxe laranxa. O CD Burela FS e ‘Na Busca da Mascota Laranxa’ aceptarán propostas ata este xoves, 30 de setembro.

O bosquexo gañador empregarase en actos promocionais e comunicativos do CD Burela FS. A persoa agraciada recibirá o premio, dous Abonos Simples para a tempada 2010-11, o 12 de outubro, en Vista Alegre, coincidindo co encontro da sétima xornada de Prata que enfrontará o Burela FS e ElPozo Ciudad de Murcia.

O concurso está destinado a todas as idades. No que respecta á presentación do deseño, este realizarase en formato libre, xunto á proposta dun nome, sobre o que o club terá a última decisión. Os/As participantes deberán entregar os seus traballos persoalmente nas oficinas do CD Burela FS ou envialos por correo certificado (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores