Noticias
30 de setembro de 2010
O cadro de Pardeiro viaxa á Rioxa coas dúbidas de Lidia e Cuchi

O Burela FSF Pescados Rubén buscará a súa primeira vitoria da tempada 2010-11 ante o Diamante-La Rioja, rival que comparte coas laranxas as últimas prazas, sen estrear aínda a cuadrícula de puntos. O cadro de Javier Pardeiro viaxa mañá a Logroño, na terceira xornada de Honra, coas dúbidas de Lidia, afectada dun golpe nun pé, e Cuchi, con molestias de aductores.

No encontro do sábado, previsto para as 18.00 horas, no Pazo dos Deportes da Rioxa, ambas as escuadras deixarán a pel na pista por facerse cos ansiados tres primeiros puntos. Despois dun comezo ligueiro moi complicado, cos todopoderosos Móstoles e Ponte Ourense, as burelistas enfrontaranse a un conxunto a priori máis accesible. Pola súa banda, as rioxanas tampouco foron quen de puntuar ata o momento, con derrotas ante o Natudelia.com Zaragoza (5-6) e o Valladolid (3-1).

Entre os reforzos das diamantinas 2010-11 figuran a ala Bárbara (Kupsa 4 Arcos Logroño) e a porteira Marta (Viajes Bidasoa), ademais da peche Rocío Toledano (Pinto Cellosa Torrejón), que será dúbida por unha escordadura de nocello, e da ex-burelista Drica.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores