Noticias
2 de outubro de 2010
O Burela FSF volve cos tres puntos (3-5), logo dun partido intenso

Loitaron as pupilas de Pardeiro ata arrancar os tres puntos da súa visita á Rioxa (3-5), logo dun inicio de partido igualado, con alternativas para as dúas bandas, ata que no minuto 10 as locais se cargaron con 5 faltas e Lucía transformou, no minuto 11, o 0-1 logo dun rexeitamento nun dobre penalti lanzado por ela mesma. Volveu anotar Lucía no 20 (0-2) de dobre penalti.

As locais reaccionaron na segunda parte, cun xogo moi intenso que rozaba por momentos a agresividade. Peque anotou o 1-2 no minuto 25, non sen antes ver a primeira tarxeta amarela do partido. E non sería a última. No minuto 30 empata Bardi e Maite pon as súas por diante no minuto 31 (3-2). Pero Lidia marca á contra no 34 (3-3).

De aí en diante, as da Rioxa prenderon nas faltas, o que provocou un carrusel de expulsións: Peque viu a segunda amarela no 36 e Maite, que vira a primeira no 35, foi expulsada no 38. Daquela, xa Claudia e Lucía puxeran terra por medio para deixar o electrónico no 3-5 final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores