Noticias
4 de outubro de 2010
Duro castigo para o Panificadora del Eo en Santiago (7-1)

As ribadenses non puideron frear o bo xogo despregado polas santiaguesas do Funeraria Apóstol no municipal de Santa Isabel, na terceira xornada de Autonómica. O Panificadora del Eo caeu derrotado por un contundente 7 a 1 ante as compostelás, con máis oficio e experiencia.

As xogadoras locais adiantáronse no marcador cun 2-0 ata que Elvira (minuto 16), nun un contra un coa porteira local, conseguiu subir ao luminoso o que sería o único gol ribadense. Acto seguido, Sofía, co 2-1, estrelaba un balón no pau nun excelente remate de tacón, co infortunio de que a contra derivada supuxo o terceiro gol das locais. Este gol foi un xerro de auga fría para as pupilas de Martínez, que gozaban dos mellores momentos do seu xogo, achegándose con perigo en numerosas ocasións á meta santiaguesa.

A segunda metade foi un ir e vir dunha a outra portería; o Apóstol foi un dominador claro, sacando proveito da súa mellor condición de equipo, con moitas rotacións, ante un Ribadeo que aos poucos vía que se lle escapaba un partido que, polo ocorrido na primeira metade, non parecía que o resultado final puidese ser tan avultado.

 

Xornada 4. O Fisober FSF de Vimianzo, outro dos ascendidos nesta tempada, será o rival das ribadenses para a próxima fin de semana, na Mariña.

 

Provincial masculina. O equipo sénior masculino do Ribadeo FS comezou a liga provincial na casa con bo pé, ao imporse ao CD Cubelas FS por de 2-1. Foi un encontro moi igualado ata os minutos finais, cando os mariñáns, por medio dun revulsivo Toñín, conseguiron desequilibrar o marcador ao seu favor. O próximo destino será Samos, coa baixa xa coñecida do seu adestrador Juan, intervido cirurxicamente a semana pasada.

 

Ficha técnica

Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Carla, Eva, Sofía, María e Fátima, no cinco inicial; tamén xogaron Iria, Yoli e Elvira (1, minuto 16).

Funeraria Apóstol: Nerea, Ángela, Miriam (1), Teresa, Antía(3), no cinco inicial; tamén xogaron Bea , Belén, Montserrat (1), Raquel, Alba, Ángela (2) e Laura.

Tarxetas amarelas: María e Fátima polo Ribadeo FS

Árbitros: Emilio Losada Sánchez e Iago Pájaro Gómez (anotador), de Santiago

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores